sábado, 6 de junio de 2009

A "Cariñosa" venceu no V Trofeo Fasquía










A "Cariñosa" de Checo e Victor proclamouse campeona do "V Trofeo Fasquía",por segundo ano consecutivo, celebrado hoxe na Illa de Arousa.
A regata transcurriu con vento do W que dou moito espectáculo. Con saída en un través, para contunuar con un largo hacia o Faro do Xeixo, e logo unha boa bolina dirección a Boia de delimitación dos polígonos de bateas para continuar ao Peirao do Xufre con outro largo.
Despois de unha maña de tormentas a tarde quedouse ideal para regatear, sen sol e con bó vento que fixo disfrutar as 34 dornas que participaron.
O resto do podio completarono a "Nécora" de Braulio e Harri e terceiro posto foi para a "Jalerna" de Ricardo e Carterola.
Actualización:
A Clasificación da regata foi a seguinte:

Posto Nome dorna
1º Cariñosa
2º Nécora
3º Jalerna
4º Bazarra
5º Mimela
6º Fuxe
7º Caracola
8º Lusiña
9º Xarandeira
10º Forza R
11º Zenaida
12º Sandra
13º Tixosa
14º Ardentía
15º Favorita
16º Maristela
17º Rosalía
18º Bandalla
19º Volandeira
20º Siña Maria
21º Fanequeira
22º Semparada
23º Estela
24º Mª Dolores
25º Bicoca
26º Bety Boop
27º Segunda Dorita
28º Lura
//// Montañesa
//// PoÇa do Sal
//// Laberca
//// Jloria
//// Doa
//// Sobrada


5 comentarios:

Fernando dijo...

Parabens, porque o día non era moi apetecible. A alguhns quedaronnos as ganas no lombo.

Fernando

A.C.D.X.Fasquía dijo...

Pois a verdade é que temíamos que estivera a chover toda a tarde e que a participación fose baixa, pero quedou estupenda e a participación, tendo en conta o día, foi altísima.

Adrián dijo...

boas, quería saber se esa dorna "Jalerna" está rexistrada na capitanía con ese nome pois é o mesmo que a Jalerna da REICD de Riveira. Tamén me gustaría saber o ano de construcción.

Saudos,

A.C.D.X.Fasquía dijo...

Ola Adrián, pois esta dorna non está rexistrada na capitanía, porque non está foliada. O ano de construcción creo que foi no 2007 na carpintería de Ramón Blanco "Monchito" aquí na Illa.

Un Saúdo

aarousa dijo...

Buenos días, os presento nuestro blog

El objetivo principal de este blog es ir a vivir a la Isla de Arosa.

Buscando Casa en la Isla de Arosa
http://aarousa.blogspot.com

Somos una pequeña familia que buscamos una casa en la Isla para alquilar por un mínimo de 5 años, aunque no descartamos la compra.

Para ayudarnos en la búsqueda hemos creado este blog, agrupando toda la oferta que encontramos en Internet, y así conseguir los contactos necesarios para obtener nuestro fin.

Si tienes alguna oferta estamos en aarousa@gmail.com

Saludos y Gracias