domingo, 29 de junio de 2008

XXIV Volta á Arousa


Onte celebrouse a XXIV edición da volta a Arousa organizada pola A.C.D. Dorna, na que se impuxo a "Cariñosa" con Victor e Checo. Como podedes ver acabaron tan contentos que Victor festexou a victoria lanzándose a auga. A alegría era porque protagonizaron unha espectacular remontada, pois iban segundos case toda a regata con unha ventaxa considerable, pero na última bolina, a Nécora que iba primeira meteuse nun sitio que o vento rolou, ésto foi visto pola Cariñosa que supo cambiar a tempo permitindolle a victoria.


Outra dorna que onte se estrenou foi a "Sobrada", dorna da nosa asociación que quedou na metade da táboa, facendo un brillante papel, que como podedes ver foi festexado como se quedaran primeiros.

A "Xarandeira" quedou no 5º posto.

domingo, 22 de junio de 2008

Mans a obra de novo

Despois de rematar a ponte do barco xa se puxeron máns a obra. Agora toca poñer os baos para distribuír a cuberta.

Vemos a Juán Servando marcando no "durmiente" para fara fecer a entalla onde encastre un dos baos de popa.


Aquí vemos os dous baos dónde vai o tambuche de proa.

Nesta outra instantánea vemos os dous baos da cadeira xa postos, e o da popa da tilla no sitio para marcar. Vemos tamén a liña posta de proa a popa para que todo estea centrado.

Vemos tamén a peza para a fogonadura do pau, que debe coller varias cuadernas.

A "Sobrada" lista para ir a Brest


Aquí a vemos pintadiña con patrón incluído vixiando que niguén se acerque, non vaia a ser que lle poñan os dedos na pintura que aínda está fresca e queden as marcas.

A dorna que compramos para a nosa Asociación que se vai chamar "Sobrada" xa está pintada. O pasado Xoves botamola o mar para que inchara de unhas fendas que tiña. Esta vai ser a embarcación que levemos a Brest 2008 para representar a Galicza xunto con outras 24 embarcacións máis de todo o colectivo que imos a Brest.

jueves, 19 de junio de 2008

Enrramada e amaarrada


Nesta imaxe vemos como Manolo está a cortar parte de un bordo para asentalo na estampa de popa.

Aquí podemos ver a dorna xa coa cinta posta e nos deixa ver a liña da cuberta.


A día de hoxe a dorna témola enrramada e amarrada. Nestes días non se encontran traballando nela, pois están rematando a ponte de un barco

martes, 17 de junio de 2008

EXPOSICIÓN "GALIZA EN BREST"


Aqui vemos preparando os cabos para facer a defensa co noso amigo Lino do Grobe agarrándome os cabos.

O Pasado Domingo tivo lugar en pontevedra a exposición itinerante "Galiza en Brest" para promocionar a asistencia a Brest de Galiza como país de honrra.



A nosa asociación estivo presente con unha dorna. Tamén estivemos realizando traballos ao redor da dorna como foron os de dar unhas trincas a proa para protexela cando a amarras, unhas trincas o banco do pau para reforzalo e protexelo de que non rompa, unhas trincas a caña para protexela de que non escache e por último fixemos unha defensa de cabo.



Nesta imaxe vemos a dorna que levamos e a defensa a medio facer.

jueves, 12 de junio de 2008

Máis sobre a "Lavanqueira"



Despois de uns días sen actualizar esto, por motivos da organización do IV Trofeo Fasquía, aqui tedes como están os traballos a día de hoxe. Como podedes ver xa temos case tódalas cuadernas no sitio, a escepción das dúas de popa e as tres de proa, pois éstas é mellor facelas no sitio para que non varie o ángulo do bance.



Podedes ver a plantilla para facer as cuadernas de proa e o ángulo chamado "cortamón". Para ésto clávanse uns barrotes para facer a forma do bance e ponse a plantilla como vedes. Despois tómanse os ángulos.

lunes, 9 de junio de 2008

IV TROFEO FASQUÍA


A gañadora do IV Trofeo Fasquía de dornas a vela 2008 foi a "Cariñosa", con Checo a caña e Victor a proa.

O pasada Sábado día 7 de Xuño celebrouse aqui na Illa o IV Trofeo Fasquía de dornas a vela. As condicións meteorolóxicas reinantes pola mañá, con ventos duros do NE, con rachas de ata 16 nós, casi fixo que tiveramos que suspender a proba. Menos mal que a 1ª hora da tarde baixou bastante quedando con ventos de arredor dos 12-13 nós. A participación foi bastante boa tendo en conta o vento que facía chegando as 26 dornas participantes.
A saída fixose dende o Campelo cara a o peirao do Xufre, con unha empopada dode chegaon sobre 10 dornas todas xuntas a boia pobocando un "Empacho" que foi visto pefectamente dende o peirao. (Na foto publicada no Diario de Arousa vese perfectamente). Despois tomouse unha bolina moi xeitosa cara o faro do Xeixo no que se empezaban a desmarcar os favoritos.
Xa na primeira volta as posicións quedaban bastante defunidas, pasando a Cariñosa, Nécora, Mimela, Maruxa e Xarandeira nas primeiras posicions.

Podedes ver na Voz
http://www.lavozdegalicia.es/arousa/2008/06/08/0003_6887225.htm?idioma=galego
e no Diario de Arousa http://www.diariodearousa.com/
as crónicas.
A clasificación final foi a seguinte:



CASIFICACIÓN DO IV TROFEO FASQUÍA


1º CARIÑOSA Dorna da Illa
2º NÉCORA Dornaa Illa
3º MIMELA Dorna da Illa
4º MARUXA Náutico Rodeira Cangas
5º XARANDEIRA Fasquía
6º FUXE Dorna Meca O Grobe
7º BAZARRA Dorna da Illa
8º CARACOLA Dorna da Illa
9º MOURA Dorna da Illa
10º JALERNA Dorna da Illa
11º FAVORITA Fasquía
12º PELIJATA Fasquía
13º VIKINGA Lajareu de Riveira
14º CACHI Lajareu de Riveira
15º FREIXANA Baído de Cambados
16º PENTA MORION Dorna da Illa
17º MONTAÑESA Dorna da Illa
18º PETELA Fasquía
19º MARISTELA Rabandeira de Vilanova
20º ESTELA Dorna da Illa
21º BICOCA Portonovo
22º BETY BOOP Dorna da Illa
23º GALANA Dorna da Illa
24º LURA Dorna da Illa
25º LABERCA Dorna da Illa
26º CHATI Dorna da Illa